3R-Fish

Socios

Centro Tecnológico del Mar -Fundación CETMAR: beneficiario coordinador.

Fundación galega de carácter público cuxo obxectivo principal é mellorar a eficiencia dos sectores da pesca, a acuicultura, a transformación dos produtos pesqueiros e todas aquelas actividades directa ou indirectamente relacionadas co uso e a explotación do mar e os seus recursos, en base aos principios do desenvolvemento sostible. É un axente de transferencia da I+D+i, como organismo interfaz entre a industria, o sector pesqueiro, a investigación e a administración pública.

Logo CETMAR
C/ Eduardo Cabello s/n
32208 (Bouzas) VIGO
Telf.: +34 986 247 047
Fax: +34 986 297 403
www.cetmar.org

 

Portos de Galicia: beneficiario asociado.

Ente público pertencente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia. Ten entre as súa funcións a administración, xestión, conservación, explotación e desenvolvemento de 122 portos e instalacións portuarias de Galicia, nos que se desenvolven actividades pesqueiras e marisqueiras, actividades comerciais e actividades náutico-deportivas. Entre outros obxectivos, Portos busca a integración das infraestruturas portuarias na contorna costeira e/ou urbana, amais a mellora das condicións ambientais das actividades e na área portuaria.

Logo Portos
Pza. de Europa, 5 A - 6º
Santiago de Compostela
Telf.: +34 902 400 870
Fax: +34 981 545 324
www.portosdegalicia.com

 

 

Autoridade portuaria de Marín e Ría de Pontevedra: beneficiario asociado.

O Porto de Marín pertence ao organismo público Portos del Estado (Ministerio de Fomento). Constitúe un importante centro loxístico de pesca e comercial a nivel galego e estatal, onde se desenvolven diversas actividades e prestacións de servizos tanto para os buques como para as propias actividades relacionadas coa pesca. A flota pesqueira (pesca fresca e conxelada) está composta por embarcacións de baixura, cerco, litoral, altura e gran altura. Na área portuaria existe, entre outros espazos, dúas amplas zonas-tendedeiros-para a montaxe e reparación de redes.

Logo CETMAR
Avenida de las Corbaceiras s/n
36002 Pontevedra
Telf.: +34 986 855 200
www.apmarin.com

 

Universidade da Coruña (UDC) - Grupo de Polímeros: beneficiario asociado.

Grupo de investigación da UDC que traballa no ámbito dos materiais plásticos e afíns. O Grupo de Química do Plástico da UDC desenvolve as súas actividades no Centro de Investigacións Tecnolóxicas do campus de Ferrol (A Coruña), no laboratorio LabPlast. Este dispón da tecnoloxía e o coñecemento en materiais poliméricos plásticos que proporciona os servizos de I+D+i precisos para dar resposta ás necesidades das industrias do sector.

Logo Portos
Escola Universitaria Politécnica de Ferrol.
Campus de Ferrol - Serantes
Telf.: +34 981 337 400
Fax: +34 981 337 416
www.udc.es
www.labplast.net

 

 

LEITAT Technological Center: beneficiario asociado.

LEITAT é un centro tecnolóxico localizado en Tarrasa (Barcelona) que centra o seu labor na I+D+i, cunha clara orientación e vocación de adaptación e evolución ante as constantes mudanzas do mercado, proporcionando servizo ás necesidades das empresas. A través da súa área marítima (LEIMAR) o centro tecnolóxico participa no fomento da I+D+i no sector marítimo, para contribuír así á mellora da súa competitividade. Entre as actividades desenvolvidas atópanse tres áreas diferenciadas: Testing, I+D+i e Promoción da innovación.

Logo CETMAR

Área Marítima
Edifici Tec22@ Veneçuela 103 1ª planta
08019 Barcelona (Barcelona)
Tel.+34 93 266 70 89
www.leitat.org
Sede central
C/ de la innovació, 2; 08225 Terrassa (Barcelona)
Tel: (+34) 93 788 23 00
Fax: (+34) 93 789 19 06

PLASTIMAR - INDÚSTRIA DE MATÉRIAS PLÁSTICAS, S.A.: beneficiario asociado.

Industria de produtos fabricados con poliexpán radicada en Peniche (Leiria - Portugal) pertencente ao Grupo Synbra. Dispón das seguintes liñas de fabricación principal:
- Produción de bloques e produtos de corte cun sistema totalmente automatizado e de grande nivel tecnolóxico.
- Sistema de produción de embalaxes e pezas técnicas en polipropileno expandido (EPP).
- Fábricas con novos equipamentos produtivos, informatización dos fluxos de materiais e racionalización dos lay-outs. - Instalacións de unidades de reciclaxe de poliestileno expandido (EPS).

Logo Portos
Marginal Norte, Apt. 1
2524-909 Peniche. Portugal
Telf.: +351 262 790 120
Fax: +351 262 789 447
www.plastimar.pt