3R-Fish

News

Celebrouse o pasado venres 6 de febreiro a presentación do proxecto 3R FISH- Recuperación e reciclaxe dos residuos sólidos propios da actividade pesqueira e portuaria.

Ante un auditorio constituido por distintos axentes sectoriais relacionados co entorno do proxecto (mariñeiros, armadores, empresas xestoras de residuos, xestores ambientais, organización profesionais, administracións, etc) interviron os representantes dos organismos e empresas participantes,

D. Jacinto Parga -  Presidente de Portos de Galicia

D. Juan Carlos Surís Regueiro -  Presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

D. Dna. Concepción Herrero López - Vicerrectora de Investigación da Universidade da Coruña

D. Antoni Paz - Subdirector do Centro Tecnolóxico  LEITAT (Cataluña)

D. Luis Carvalho - Director de Plastimar Ind. de  matérias plásticas S.A. (Portugal)

 

... os cales mostraron o seu apoio, convencimento e desexo de que o proxecto chegue a bon porto.

 

A xornada de presentación foi clausurada por José Manuel López Rodríguez, Director Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos-Xunta de Galicia), quen sinalou a consonancia do proxecto con diversas directrices políticas emanadas da Unión Europea no que atinxe á pesca e ao medioambiente.